martes, 28 de agosto de 2007

A cabana solitaria de Soussons Down

No sul da estrada de Moreton a Tavistock que atravesa cáseque polo centro Dartmoor, hai dous enormes boscos de abetos. Bellever e Soussons.
Na mesma entrada polo sul ó bosco de Soussons ollamos este círculo lítico que non é outra cousa que os restos dunha das cabanas ... solitarias? da Idade do Bronce.
Fixádevos que a disposicións dos chantos delimínanos a mesma cabana . Agora comparade este tipo de construccións coas dos restos dos Penidos ... efectivamente, miña querida xente; hai todavía moito que estudar e investigar alí, nos nosos Penidos do Valadouro!!!

Os vellos camiños que nos descubren novos mundos

É básico cando imos de investigación a un lugar concreto, mirar asemade dos lugares de enterramentos ou sacros, os seus camiños. Sen dúbida, estes factores traeránnos datos novos cara poder facer un mapa de territoriedade, social e económico do lugar.
Na foto, ollamos o camiño que sube cara o outeiro de Grimspound. Hookney Tor, cuias outas penas enseñorean dignamente a paisaxe que circunda o asentamento.

Os vellos camiños que nos levan os asentamentos

O mundo está cheo de camiños . Sin eles, nada sería posible. Recupera-los é a nosa meta. Eiquí, na Galiza, os temos e todavía moi xeitosos, recupera-los é querer, non hai nada imposibel.
Detrás de Grimspound hai un eterno camiño real a través da sua serra de Hamel Down, na foto o podemos ollar, baixando do seu Tor cara o asentamento, e xá no mesmo bifúrcase... son novos berces de novos guieiros cara outras terras...

miércoles, 22 de agosto de 2007

FERNWORTHY.6.- O fin da Odisea


Para os que queirades atreverse a face-lo camiño: Recordade que saíndo de Postbridge en dirección a Moreton tedes que coller a estrada que surdirá a vosa esquerda e seguila ate o seu final, e alí no medio dunhas casas atoparedes a clásica sinalización dos sendeiros.
Nós chegaramos a ese punto da estrada, e colleramos o segundo cruce a dereita cara Sousson Down, outra zona arbolada de abetos.
Resumen: Fernworthy merece tres o catro intensos dias para velo e estudalo. É unha área de moito contido, con bastantes restos de asentamentos do bronce e incluso anteriores como o de Shovel Down, a zona de Kestor, Scorhill, etc. Compre establecer un campamento base na pequena vila de Chagford e tirarse o seu tempo a ollar esta área. Do millor de Dartmoor.
Por certo, na foto ollaredes outro círculo no alto do outeiro. Debaixo do mesmo vai o noso amigo , o rio Dart.
Ah!! E chegar, chegamos de volta, bastante cansados, pero chegamos e dispostos a ir de cea a celebra-lo!!!

FERNWORTHY.4.- O Camiño ate os círculos líticos de Grey Wethers


Desandando os camiños podes atopar novos carreiros de chegada os lugares. Así o fixemos dende os círculos líticos. Precisamente no mapa o marca, mais non nos fiamos demasiado para colle-lo dende o seu inicio, mais sí dende o seu final.
Daquela emprendimos o regreso a estrada xeral (e a vila de Postbridge) polo camiño trazado. Éste corre parello ó rio Dart (Leste). É un rio estreito e fermoso no que podes ir ó seu encontro e toca-lo. O sendeiro tórnase respetuoso con él e agradece a sua compaña.
Na lonxanía ollamos unha serie de circulos líticos, restos de asentamentos coma os dos Penidos.
Tiñamos un serio problema: o tempo. E decidimos seguir adiante sen pararnos a investiga-los.
Queda para outra visita!!

FERNWORTHY.3- Os círculos líticos de Grey Wethers mais eu!!



Nunha gostéi de saír nas fotos. Os meus traballos son para os que veñan detrás, e o meu protagonismo sempre parécéume innecesario.

Mais por esta vez, velahí estou!! qué carallo!, premio á constancia.

FERNWORTHY.2.- Os círculos líticos de Grey Wethers


O final o premio ó esforzo realizado. No medio do páramo alzándose maxestuosos, os dous círculos líticos parellos de Grey Wethers.

FERNWORTHY.1.- A Odisea


Un bó dia decidimos arrisca-lo todo e facermos os 30 km de ida e volta ó Parque de Fernworthy.
Porqué esa teima?
Porque a zona de Fernworthy, no cáseque centro de Dartmoor contén varios restos de asentamentos ben visibles dende o aire e ben dibuxados nos mapa, xunto con dous círculos líticos coa salvedade de que están ún pegado ó outro.
Arrincamos non excesivamente cedo pola estrada que rodea as montañas de Hameldown chegando á estrada xeral en plena montaña moi concurrida e máis aún nunha especie de pousada -a pousada de Warren- onde o persoal paraba a almorzar ou a tomar algo. Alí unhas Murphys baixaron de maravilla. Non séi, pero para mín aqueles momentos foron do millor da etapa de Dartmoor.
Que si estaba concurrida a área, que nos tres aparcamentos que ficaban na zona, estaban cheos de coches.
De seguido arrancamos polo sendeiro cara o corazón de Fernworthy, cara desviarnos a 2 km monte a través calculando onde deberían de ficar os restos dos asentamentos. e os círculos líticos.
Así escomenzamos unha longa travesía polo deserto cheo de monte baixo, turbeiras, auga e terróns... un eterno sacrificio dunha hora, despois de sortear unha zona totalmente pantanosa. As distancias as dí o mapa, mais a realidade nolas mostra reales e imposibles. Na foto observades a desesperación dunha paisaxe igual sen rastro de sinais algunha.
Alguén no noso interior díxonos: "Benvidos, estades no corazón de Dartmoor!"

martes, 21 de agosto de 2007

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE CARA OS NOSOS LECTORES:

PROVISIONALMENTE, IDE LENDO DABAIXO CARA ARRIBA, POIS É UN RELATO DAS NOSAS EXPECIENCIAS EN DARTMOOR. AGARDAMOS ACABAR DE CONFIGURAR PRONTO ESTE BLOG PARA PRESENTÁRVOLO DO XEITO MÁIS ATRACTIVO POSIBLE.
GRACIAS E DISCULPADE A IÑORANCIA QUE É MOITA, POIS NON TEÑO MOITA EXPERIENCIA E ISTE É O MEU PRIMEIRO BLOG.

lunes, 20 de agosto de 2007

Hamel Down: Todo un Camiño Real



As mámoas o circundan, e mámoas de bó tamaño, algunhas formando a clásica línea paralela ó propio camiño. Recordóunos o Camiño Real dos Arrieiros da Faladoira que tamén andamos a traballar dende hai anos.
Hameldown é un tema que pode abranguer moito, igual que a propia Faladoira; restos de asentamentos , mámoas, etc. e sobretodo pequenos túmulos; todo un canto o pasado.
Mais nestas terras o que fixeron é trazar un longo camiño de norte a sur chamado "Two Moors Way", onde trazaron o sendeiro de costa a costa , na peninsula de Devon, dende Lynmouth, no Exmoor National Park no norte ate Wembury, no sul de Plymouth. Ti posdes colle-lo onde queiras e patealo ate que te canses. Unha forma de facer turismo e de paso recuperar a historia. Para lembrar. Pechamos pois esta pasaxe sobor Hameldown, non sin antes recalcarvos que imos seguir informando destes eidos, pois agardamos confeccionar un traballo máis extenso sobor do vivido , coa axuda inestimábel das diapositivas que fixéramos. Agardo que algo vai quedar entre nós desta vivencia.

domingo, 19 de agosto de 2007

Grimspound: a entrada principal



Grimspound ofrécenos por último a sua entrada principal.

As entradas son importantes, porque pola sua forma, dimensións, camiños confluíntes, dirección, etc. teremos unha ideia global da importancia dun asentamento .

Grimspound




Podemos ollar nestas fotos as cabanas que fican no interior do asentamento, unhas cabanas de diferente construcción, algunhas máis pequenas que outras e unha en especial cun corredor de entrada en ángulo . Grimspound é o circo lítico mellor conservado no seu interior, e dános unha ideia bastante clara da clase, ubicuidade, dimensións, normativas, etc. que tiñan os nosos ancestros dende o Neolítico e Bronce, antesá dos castros do Ferro.


Hamel Down.-2 .Os primeiros circos líticos



De seguido chegamos a uns cercados que noutrora constítuíron un asentamento. Hoxendía estes cercados está reconvertidos e aproveitados, tal e como se fixera século tras século despóis de esgotarse a finalidade para a que foran construídos que era a de crear un territorio tribal para cerca-lo dos perigos circundantes, definindo e marcando as fronteiras propias da treba.

Hamel Down1.- Primeiro acougo


No primeiro alto da cresta tomamos un pequeno descanso o abeiro dun abrigo feito con agarimo para a protección contra o vento. Tamén acordámonos das construccións de pedra moi modernas que fixeran os pastores nos Penidos para o seu abrigo e que tedes detrás do Penido Vello atravesando o primeiro prado.

Hamel Down-1.- A chegada a Grimspound


Dani i Elisabeth deixáronnos nunha paraxe coñecida como a "Cruz de Bennet", un silandeiro cruceiro no medio do campo, o carón da estradiña que comunica o corazón de Dartmoor e que a cruza de oeste a leste. De seguido emprendemos subida cara a cadea montañosa de Hamel Down, onde despóis de media hora atopámonos con o emblemático circo pétreo de Grimspound, baixando cara él dende "Hockney Tor", un alto de fortes i elevados cons. O punto da ladeira pola que baixáramos contén restos do que fora unha calzada feita para facilitar o descenso.
O círculo lítico de Grimspound está ben comunicado, pois unha verdadeira maraña de camiños salen dos seus contornos. No seu carón pasa un pequeno regato e o sitio elixido para a sua edificación está ben abeirado , recordándonos moito o noso Prado das Chantas.

sábado, 18 de agosto de 2007

A aventura comenza coa despedida de Postbridge


Dani i Elisabeth trouxéronnos a esta terra mítica de Dartmoor dende Caerfyrddin, a cidade galesa onde Merlín tivo o seu berce.
Dani, como nós, membro da LIGA CÉLTIGA GALAICA, con moitas gañas de vivir e a sua moza Elisabeth, incansáble e detallista con nós, foi quén de edificar todo un mundo para que nós o tivéramos fácil en toda esta viaxe.
Esta "dama do lago" pertenece a esa clase de personas maravillosas que crén na amizade, ilusiónan-se con ela e fán viver os seus amigos dun xeito intenso.
Despóis dunha curta mañán de viaxe ollando as partes máis lonxanas o percorrido que pensabamos facer, xantamos perto do rio en Postbridge para máis tarde despedirnos na Cruz de Bennet... eles retornaron a Wales e nós emprendimos a volta polo camiño real que circunda os Montes de Hameldown cara o círculo de Grimpspound.


Velahí deixámosvos o mellor enderezo en Dartmoor: A vella Reitoría, onde ficamos 6 fermosos e soleados dias.

O eido de Rachel e de Heather, artistas e amigas.

A verdade é que nunca esqueceréi que Rachel ofrecéuse e levóunos a mirar os aliñamentos de Merrivale no seu coche o dia seguinte da nosa odisea dos 30 km, que nos deixaran moi tocados. Como tampouco esqueceremos a cea con a que nos obsequiaron a derradeira noite.

Widecombe in the Moor

Para escomenzar imos meternos no corazón do Parque de Dartmoor: Nunha pequena vila chamada Widecombe in the Moor, onde tivemos a honra de ficar 6 dias na casa de Rachel e de Heather, artistas "The Old Rectory". Elexímo-la por Internet en réximen de Bed and Breaskfast, e acabamos sendo amigos. A verdade é que a mín gañáronme ó decorar a nosa habitación cun cadro de Monet.
Máis tarde gañáronnos totalmente coa sua simpatía, cordialidade, solidariedade e amizade. Pero sobretodo coa sua sensiblidade cara todo, que desenrolan na pintura e na escultura respectivamente, facendo do seu xardin unha obra de arte.
A foto ben vale un símbolo: O xardín de Widecombe ; situado no mesmo centro do povo: fixádevos: está deseñado como un dos nosos círculos líticos con a sua porta de entrada.

Dartmoor e Xistral

É a nosa intención ir buscando afinidades que poidan comprobar a existencia de unhas características similares na vida humán dende o periodo Neolítico ate ben entrada a idade Media en duas latitudes xeográficas que por tér en común o ser unhas zoas inóspitas alonxadas dos asentamentos humáns postrománs, lograron que o seu contido patrimonial fique todavía inalterábel e en moitos casos, intacto no paso do tempo.


Efectivamente, Dartmoor é un deserto de turba e monte baixo cuia extensión cubre a maior zona desproblada da illa da Grande Bretaña. Sitúase no sul, na comarca de Devon, entre as vilas de Exeter, Tavistock e Plymouth.

A serra do Xistral sitúase na zona meridional da Galiza, limitando con o Valadouro, Mondoñedo, as estribacións da serra da Carba e a zona do Viveiró, en Muras.

Estas duas zonas téñennos moito que decir: e neste pequeno espazo imos tratar de ser os meros portavoces das suas verbas, aportando os elementos necesarios para tratar de definir, potenciar, recuperar e engrandecer estas duas zonas que de por sí , encerran parte da nosa historia máis antiga.