jueves, 13 de septiembre de 2007

O Conxunto dolménico de Bellever 2

Xá para terminar esta exposición sobor Dartmoor, a primeira exposición -penso seguir incidindo no tema- pásovos unha vez máis , dentro do conxunto de Círculo Lítico, Dolmen e Aliñamento, a este último, con a clásica dirección leste - oeste.
Téñovos que decir que catro dias non chegaron a nada, mais aparte das fotos eiquí expostas, fixen máis de 100 diapositivas que expondréi nunha breve conferencia -presentando a clásica ponencia- na Casa da Cultura MANUEL LOURENZO de FERREIRA DO VALADOURO, dentro dos V ENCONTROS NOS PENIDOS
Estos encontros farémolos o vindeiro dia 6 de Outubro . Escomenzaremos cun Roteiro para seguir con esa cita as 19 horas na Casa da Cultura.
Contamos con a vosa presencia!!

OS Pechados dos Asentamentos

Veleiquí temos un peche a uns 200 de Grimspound. Fortes pedrafitas o conforman . Na foto ollamos unha combinación das fitas con outras moitas xá abatidas, ou ben reconvertidas formando os clásicos muros modernos.
En Dartmoor ollamos infinidade destas recuperacións, que hoxendía sirven como acougo para os animais ou mesmo de recuperación total porque sí -eles pensan distinto que nós?- namentras que eiquí adicámonos a levar as pedras cara as nosas casas para facer ese alboio ...
Menos mal que nos queda O Prado do Xesto, nos Penidos, verdade?

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Grey Werthens

Tamén decimos adeus ós círculos líticos de Grey Werthens , en Fernworthy. A foto fora tomada despóis de máis dunha hora dun penoso devagar polos montes, circundando o inmenso bosco de Fernworthy, na procura de varios asentamentos do bronce. de varias granxas do neolítico... o de sempre... hei voltar, hei voltar.....!!!
Catro dias non foron nada, e non se poden ollar as cousas a medias. Eu polo menos.

A CRUZ DE BENNET

Sempre quedará como recordo. Alí despedímonos de Dani i Elisabeth . Eles voltaban a Wales e nós iamos subir´polo camiño real para chegar a través dos montes de Hamel Down a nosa morada de Widecombe. A cruz de Bennet, punto de referencia para moita xente con ilusión.

Unha ollada final a Grimpound.


Botámoslle unha ollada final dentrodo recinto do asentamento de Grimspound. Os restos das chouzas , das suas moitas chouzas son unha testemuña tremenda para poder definir todo o contorno, non só o que fica alí.
A través das chouzas, dos restos palpábles, das investigacións poderíamos taparlles a boca aqueles gurús presumidos que non fán máis que destruir e minorizar todo o que noutrora fixera e compuxera o home.

PETROGLIFO EN GRIMPSPOUND

Baixando pola aba de Hookney Tor, cara o asentamento de Grimspound , nun dos seus escalóns de baixada olléi algo semellante a un posible petroglifo.
Ahh! Sabemos que as pedras falan, e que a sua disposición, forma, etc. ensínanos moitas cousas. Somentes -como todo- resta saber escoitar.

WIND TOR


Wind Tor, a Cume do vento... unha paisaxe achairada moi fermosa ensinábanos un aliñamento, o cál poderedes ollar na foto, dende a esquerda ate o arbol do fondo... e máis cousas intuíamos: restos de asentamentos , cabanas... hoxe son somentes recordos e indicios para os que andamos acostumbrados a presenti-los... para os demáis, monte. Para eles: lugar para lecer, levar os fillos e ir de roteiro... para nós ... tamén!, sempre vencendo aqueles que teñen predestinado algún tipo de productividade non natural para o monte... coma canteiras, ...
Wind Tor, un acougo antes de baixar ó noso fogar en Widecombe. Wind Tor, onde pasa o camiño real que vén a través das montañas de Hamel Down dende a non tan loxano asentamento de Grimspound.
Sentamos nas pedas da foto, e ... creédeme! no fondo parece que estaba ollando Serra de Meira!

CATOR: Os camiños convertéronse en estradas


Cator é unha pequena aldeia diseminada entre Bellever e Widecombe. Atravesa-la mesmo pola estrada é un enorme placer, aún cando hai que apartarse para que pase un só coche, cando pasan. Dartmoor é iso, un conxunto de estradiñas moi estreitas ben guiadas por muros de mirtos. En Cator olláramos un muro redondo onde podería entreverse debaixo das pedras de recheo as antergas pedrafitas -a modo do Prado das Chantas- que marcaban o pechado.
Ás veces aparecíasenos restos de antergas antas, cecáis máis veces do común... na Veiga Mol, nos Penidos tedes tamén un exemplo... Neste caso da foto, o esteo era un aviso do que ficaba detrás, na aba que nos levaría a un outeiro moi especial... mais a falta de tempo... AY!! cántas cousas intuíamos que existían e tivéramos que deixa-las porque se nos acababa a luz, e o cansanzo de tantos kilómetros percorridos a pé!!
Sempre bulindo o mesmo pensamento: "Hei voltar con tempo!!"

jueves, 6 de septiembre de 2007

MERRIVALE. Pedrafitas..e 6!!


Eiquí finalizamos a serie de pedrafitas e de Merrivale. Emplazándovos a que visitedes eses agarimosos espazos onde o home foi quén de trazar o seu presente con o recordo do transcendente pasado e dun esperanzador futuro.

MERRIVALE. Pedrafitas. 5

AHH!! as marcas!!, cántas das nosas pedrafitas as tiñan e foron borradas, polo home e polo tempo, cando nón -como nos indica a foto- pola rectificación cristián; aunque a cruz tén outro significado asemade de ser oficialmente o distintivo cristián. Eso sabémolo todos polo noso monumento das Parañoas, nos Penidos.

MERRIVALE. Pedrafitas. 4

Ben poidera haber moitas mais, e pola sua bisbarra!! como nos Penidos do Xistral galego, hainas a esgallo, o que cecáis esmorecéusenos é a información para poder entende-las.
Perdímola nas noites dos tempos, e agora temos que facer milleiras de conxeturas para poder chegar a saber o seu significado.

MERRIVALE. Pedrafitas. 3

Siguen as marcas dentro da chaira. Esta pedrachantada fica no camiño cara o King Tor

MERRIVALE. Pedrafitas. 2

ACTUANDO COMO REFERENCIA

MERRIVALE: KING TOR

A chave para entender a chaira de Merrivale están nos seus lugares altos, santuarios que a circundan e delimitan. Toponímicamente, o King Tor lévaas todas consigo.

MERRIVALE. Pedrafitas.1


Emplazadas no seu sitio orixinal , delimitan e marcan todo o mobiliario que unha vez conformóu a chaira, e os puntos da sua bisbarra.

miércoles, 5 de septiembre de 2007

A CHAIRA DE MERRIVALE.9

Unha das moitas probas da existencia dun enorme campo de cistas nesta chaira. Preguntámonos tamén polo campo de cistas que tiña que tér existido tamén na chaira do Padorno, hoxe ocupada polo centro recreativo do Curro de Santomé, no Valadouro, e cuias pedras foron reconvertidas para mesas, bancos, e fogares para asar o churrasco.

A CHAIRA DE MERRIVALE.8

Unha das cistas millor conservadas desta importantísima chaira botada a perder e co seu patrimonio destragado, tendo somentes hoxendía restos espallados de pedras traballadas por canto recanto hai. Na foto observamos a tapa, tamén rota. Esta cista está situada á dereita do aliñamento, moi no seu carón.

A CHAIRA DE MERRIVALE.7

Ampliamos a vista anterior do círculo lítico que interrumpe o aliñamento. A dereita ó fondo sitúase unha grande cista que damos conta na seguinte foto.

A CHAIRA DE MERRIVALE.6

Da importancia do camiño dá conta esta alteración na sua metade para construir un círculo lítico, con a sua tumba no seu centro.

A CHAIRA DE MERRIVALE.5

Dende logo, non se trataba dun sendeiro normal, senón dun camiño sagrado.

A CHAIRA DE MERRIVALE.4

Que é isto? un aliñamento doble.... ou o paso procesional cara un acto concreto? Dende logo hai moito que investigar e si me apurades a deci-lo, que aprender dos nosos ancestros.
Sempre decimos que : "Eles sabían o que facían!".

A CHAIRA DE MERRIVALE.3

O carón dos monumentos van aparecendo construccións que poideron ser moi ben parte accesa dos mesmos, como este canle.

A CHAIRA DE MERRIVALE.2

Eiquí tedes o final do aliñamento.

A CHAIRA DE MERRIVALE.1


Esta extensa chaira de Merrivale vainos aportar novedades bastante contundentes sobor das nosas costumes esquecidas .
Alí atopamos no medio dun enorme espallamento de pedras , moitos restos de enterramentos, varias pedrafitas, aliñamentos, e un sinnúmero de construccións inclasificabeis.
Baste con decirvos que o outeiro máis perto está adicado o Rei (King Tor)
Na foto ollamos un dos seus aliñamentos no seu inicio.

martes, 4 de septiembre de 2007

  1. O rio East Dart pasa o carón de Bellever, formando fermosos acougos como o Clapper Bridge, con enmeigadores sitios para darse un baño, xantar na erba ou pasear. Nós estivéramos en Bellever un domingo, e xá de volta cara Widecombe paráramos un anaco alí, mais non estivéramos sós, xa que eses paraxes son unha referencia para moita xente. Moita xente, que desde logo saben o que teñen!!

Os accesos a Bellever


Un sinnúmero de pedras reconvertidas dos seus lugares de orixe vánnos indicando á chegada ó bosco de Bellever os recunchos onde ben poidemos pasar o día, ou parte do mesmo.

Conxunto tumular de Bennever,2


Neste conxunto tumular xúntanse tres elementos: A Anta, o Círculo de Pedras o seu carón, e no seu fondo o aliñamento, como continuación do círculo. Estes tres elementos na sua unidade forman un claro indicativo que ben definiría os cultos relixiosos da época.

O Conxunto dolménico de Bellever 1


Igual como o chamado dolmen de Santo Tomé, esta anta é unha enorme cista, diferenciada do clasico túmulo dolménico en que carece de corredor e que a sua composición consta de catro pedras en planta cadrada ou rectangular con a sua respectiva lousa de cobertura. O seu volumen interior non deixa espazo máis que para duas persoas agachadas.

Bellever Tor. 3

Xa perto do curuto, o camiño deixa ollar o seu esquelete pétreo, que noutrora formara parte dunha calzada.
Velahí a "entrada". Ben franqueada por boas penas. Pódese pensar que estos restos do muro formaban parte do antigo asentamento do bronce, que ficaría a dereita da foto.

Bellever Tor,1

Dominando a chaira central de Bellever fica o seu TOR, o cál antóllasenos un brillante asentamento fortificado. No seu pé fica un asentamento do bronce en forma de rosácea (temos duas clases de planta: as rosáceas e as elípticas). Na foto ollamos o seu camiño de entrada, forte camiño pétreo.

As mámoas de Soussons Down

As mámoas que observamos en Dartmoor son enormes túmulos, con o seu cráter de violación. En algúns casos contendo un ou dous esteos, mais na grande maioría, orfos de penas.
No bosco de abetos de Soussons, costóunos dar con unha serie de catro enormes mámoas en liña, que ficaban nun claro protexido no corazón do bosco. Na foto ollamos a primeira delas. No seu enorme cráter fixeran un lume, pois habia restos de madeiras carbonizadas. Támén olláramos uns buracos que deixaban ver parte de algunha pedra enterrada.

lunes, 3 de septiembre de 2007

O Asentamento do Bronce de Bellever. 1


No medio e medio do enorme bosco de abetos atópase o antergo asentamento do bronce, non restos do seu grande cercado ovadado, semellante ós do Xistral, i en concreto ós circulos dos Penidos. No seu interior atópanse un sinnúmero de pequenos círculos petreos , antergas chouzas, como as da foto, varias cistas, algún aliñamento e no seu exterior, o conxunto formado por unha anta, un circulo litico e un aliñamento.