sábado, 18 de agosto de 2007



Velahí deixámosvos o mellor enderezo en Dartmoor: A vella Reitoría, onde ficamos 6 fermosos e soleados dias.

O eido de Rachel e de Heather, artistas e amigas.

A verdade é que nunca esqueceréi que Rachel ofrecéuse e levóunos a mirar os aliñamentos de Merrivale no seu coche o dia seguinte da nosa odisea dos 30 km, que nos deixaran moi tocados. Como tampouco esqueceremos a cea con a que nos obsequiaron a derradeira noite.

Widecombe in the Moor

Para escomenzar imos meternos no corazón do Parque de Dartmoor: Nunha pequena vila chamada Widecombe in the Moor, onde tivemos a honra de ficar 6 dias na casa de Rachel e de Heather, artistas "The Old Rectory". Elexímo-la por Internet en réximen de Bed and Breaskfast, e acabamos sendo amigos. A verdade é que a mín gañáronme ó decorar a nosa habitación cun cadro de Monet.
Máis tarde gañáronnos totalmente coa sua simpatía, cordialidade, solidariedade e amizade. Pero sobretodo coa sua sensiblidade cara todo, que desenrolan na pintura e na escultura respectivamente, facendo do seu xardin unha obra de arte.
A foto ben vale un símbolo: O xardín de Widecombe ; situado no mesmo centro do povo: fixádevos: está deseñado como un dos nosos círculos líticos con a sua porta de entrada.

Dartmoor e Xistral

É a nosa intención ir buscando afinidades que poidan comprobar a existencia de unhas características similares na vida humán dende o periodo Neolítico ate ben entrada a idade Media en duas latitudes xeográficas que por tér en común o ser unhas zoas inóspitas alonxadas dos asentamentos humáns postrománs, lograron que o seu contido patrimonial fique todavía inalterábel e en moitos casos, intacto no paso do tempo.


Efectivamente, Dartmoor é un deserto de turba e monte baixo cuia extensión cubre a maior zona desproblada da illa da Grande Bretaña. Sitúase no sul, na comarca de Devon, entre as vilas de Exeter, Tavistock e Plymouth.

A serra do Xistral sitúase na zona meridional da Galiza, limitando con o Valadouro, Mondoñedo, as estribacións da serra da Carba e a zona do Viveiró, en Muras.

Estas duas zonas téñennos moito que decir: e neste pequeno espazo imos tratar de ser os meros portavoces das suas verbas, aportando os elementos necesarios para tratar de definir, potenciar, recuperar e engrandecer estas duas zonas que de por sí , encerran parte da nosa historia máis antiga.