miércoles, 22 de agosto de 2007

FERNWORTHY.1.- A Odisea


Un bó dia decidimos arrisca-lo todo e facermos os 30 km de ida e volta ó Parque de Fernworthy.
Porqué esa teima?
Porque a zona de Fernworthy, no cáseque centro de Dartmoor contén varios restos de asentamentos ben visibles dende o aire e ben dibuxados nos mapa, xunto con dous círculos líticos coa salvedade de que están ún pegado ó outro.
Arrincamos non excesivamente cedo pola estrada que rodea as montañas de Hameldown chegando á estrada xeral en plena montaña moi concurrida e máis aún nunha especie de pousada -a pousada de Warren- onde o persoal paraba a almorzar ou a tomar algo. Alí unhas Murphys baixaron de maravilla. Non séi, pero para mín aqueles momentos foron do millor da etapa de Dartmoor.
Que si estaba concurrida a área, que nos tres aparcamentos que ficaban na zona, estaban cheos de coches.
De seguido arrancamos polo sendeiro cara o corazón de Fernworthy, cara desviarnos a 2 km monte a través calculando onde deberían de ficar os restos dos asentamentos. e os círculos líticos.
Así escomenzamos unha longa travesía polo deserto cheo de monte baixo, turbeiras, auga e terróns... un eterno sacrificio dunha hora, despois de sortear unha zona totalmente pantanosa. As distancias as dí o mapa, mais a realidade nolas mostra reales e imposibles. Na foto observades a desesperación dunha paisaxe igual sen rastro de sinais algunha.
Alguén no noso interior díxonos: "Benvidos, estades no corazón de Dartmoor!"

No hay comentarios: